
Convócanse a tódalas persoas comuneiras pertencentes á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro, á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar dacordo a seguinte convocatoria:
Día: sábado, 13 de febreiro de 2010, ás 13:00 horas
Lugar: casa da cultura de San Pedro de Muro
De non haber quórum suficiente, celebrarase en Segunda Convocatoria ás 19:00 horas, no lugar indicado cos/as comuneiros/as asistentes.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se é o caso, da acta da anterior asemblea (21-11-09)
2. Actualización do censo de comuneiros/as para o exercicio de 2010
3. Toma de decisión sobre a perda de condición de comuneiro/a
4. Memoria de actividades do ano 2009 e Balance económico
5. Plan de Acción para o ano 2010 e estudo económico correspondente
6. Autorización á Xunta Reitora para solicitar axudas e subvencións
7. Cesión dos terreos onde se sitúa o cemiterio á Asociación de Propietarios/as e asesoramento xurídico se é o caso
8. Cesión de 4m² no Monte Lapido ao Concello de Porto do Son para a instalación de infraestructuras para microreemisor TDT e permiso de acceso para o seu mantemento
9. Preguntas e aclaracións
Prégase a súa asistencia, participación e puntualidade. Sen outro particular, reciba un saúdo cordial.
A Presidenta
.
MOI IMPORTANTE: se por calquera motivo non pode vostede (comuneiro/a) asistir á asemblea, o seu suplente ostentará o poder de votación. Ou tamén pode delegar o voto en calquera outra persoa comuneira mediante escrito, que nos deberá entregar a calquera dos membros da directiva antes do comezo da mesma.
Recorde que, para que a asemblea quede legalmente constituída, precísase dunha porcentaxe mínima de persoas participantes.
Ficha para delegar a representación noutro/a comuneiro/a en Asemblea Xeral