decembro 22nd 2007 by anxos in Cousas da parroquia
Toda esta zona, incluída no LIC Complexo Húmido de Corrubedo, víuse gravemente afectada polos lumes do verán de 2006.
As labores de rexeneración que está levando a cabo actualmente a administración a través da empresa Tragsa, consisten:
- na corta de árbores queimadas para a posterior extracción
- na trituración dos restos in-situ
Cabe sinalar que despois dun incendio [...]
decembro 18th 2007 by anxos in Autorizacións
As COMUNICACIÓNS de queima de restos agrícolas amoreados realizaranse a través do teléfono do CIAG (Centro de Información ao Agro Galego)
902 112 000
Horario de atención é de oito da mañá a oito da tarde
As AUTORIZACIÓNS para realizar queimas de restos forestais solicitaranse nos mesmos lugares habilitados ata o de agora para a súa tramitación.
Para a [...]
decembro 14th 2007 by anxos in Eventos
Foresgal ´08: o noso monte fonte de riqueza
Datas de celebración: do 28 ao 30 de marzo de 2008
Emprazamento: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Horario: de 11.00 a 21.00 horas
Entrada: 3.00 EUR
Foresgal adquire nesta 2ª edición un carácter netamente profesional na que terán cabida as novidades e avances relacionados con sectores como a repoboación forestal, a [...]
decembro 7th 2007 by anxos in Eventos
Sábado, 17 de novembro de 2007
Comezamos esta andaina valéndonos dun dos festexos tradicionais da cultura galega; o magosto, para dar a coñecer aos compoñentes da nova Xunta Reitora da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro.
Ademais contamos coa presenza xenerosa, dunha das persoas que máis saben de Comunidades de Montes de toda Galicia: Xosé [...]
decembro 7th 2007 by anxos in Comunidade de montes
Na Asemblea Xeral celebrada o 20 de outubro de 2007, saíu elexida a nova Xunta Reitora, composta polos seguintes membros:
Presidenta: Angeles Riveiro Olveira
Vicepresidente: Fernando Redondo Díaz
Secretaria: Vanessa Arcos Domínguez
Tesoureiro: Juan José Santos Blanco
Vogal: Jorge Sieira Sobrido
Vogal: José Parada Sieira
Vogal: José García Olveira
decembro 7th 2007 by anxos in Comunidade de montes
Este blogue pretende ser unha ferramenta de información e participación, un espazo na rede onde poderedes atopar as novas da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro, así como temas de interese do sector forestal e medioambiental. Admítense e agradécense opinións, suxestións e críticas (sempre construtivas).
Agardamos que sexa do voso agrado.
A Xunta Reitora