Magosto ´07
decembro 7th 2007 by anxos in EventosSábado, 17 de novembro de 2007
Comezamos esta andaina valéndonos dun dos festexos tradicionais da cultura galega; o magosto, para dar a coñecer aos compoñentes da nova Xunta Reitora da Comunidade de Montes de San Pedro de Muro.
Ademais contamos coa presenza xenerosa, dunha das persoas que máis saben de Comunidades de Montes de toda Galicia: Xosé Alfredo Pereira Martínez, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM). Quen fixo unha exposición interesante na que se trataron tódolos temas relativos ao funcionamento da Comunidade de Montes: órganos de goberno (Asemblea Xeral e Xunta Reitora), libros obrigatorios da comunidade, o dereito a ser veciño/a comuneiro/a,…
Houbo castañas e viño a esgalla e sorteouse unha cesta de productos típicos do outono.
