foresgal 2008 (feira forestal de Galicia)
decembro 14th 2007 by anxos in EventosForesgal ´08: o noso monte fonte de riqueza
Datas de celebración: do 28 ao 30 de marzo de 2008
Emprazamento: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Horario: de 11.00 a 21.00 horas
Entrada: 3.00 EUR
Foresgal adquire nesta 2ª edición un carácter netamente profesional na que terán cabida as novidades e avances relacionados con sectores como a repoboación forestal, a silvicultura, o aproveitamento mixto, a xestión da biomasa, a industria madeireira, o I+D+I, e outros aspectos todos eles relacionados co eido forestal, dende o propietario do monte ata o elaborador final.
Foresgal está organizado polo Servizo de Montes e Industrias Forestais de Lugo (Consellería do Medio Rural) e a Fundación de Feiras e Exposicións de Lugo.