Phoenix Criminal Lawyer
 

Comunicación de queima

decembro 18th 2007 by anxos in Autorizacións

As COMUNICACIÓNS de queima de restos agrícolas amoreados realizaranse a través do teléfono do CIAG (Centro de Información ao Agro Galego)

902 112 000

Horario de atención é de oito da mañá a oito da tarde

As AUTORIZACIÓNS para realizar queimas de restos forestais solicitaranse nos mesmos lugares habilitados ata o de agora para a súa tramitación.

Para a realización da queima debe adoptar as seguintes precaucións mínimas:

- Non debe iniciar o lume antes de saída do sol e debe quedar extinguido dúas horas antes da súa posta.

- Previo ao inicio do lume debe devastar vostede rodeando o perímetro que vai queimar, nunha franxa de polo menos cinco metros de longo.

- Non pode realizar a queima en días de vento.

- Non debe abandonar a vixiancia da zona queimada ata que estea extinguido o lume.

- Non pode realizar a queima unha soa persoa, mesmo no caso de que a súa extensión sexa pequena e en principio se considere que o risco é mínimo.

Prohíbense as queimas en época de máximo risco de incendios.

Leave a Reply