Labores de rexeneración en torno á lagoa
decembro 22nd 2007 by anxos in Cousas da parroquiaToda esta zona, incluída no LIC Complexo Húmido de Corrubedo, víuse gravemente afectada polos lumes do verán de 2006.
As labores de rexeneración que está levando a cabo actualmente a administración a través da empresa Tragsa, consisten:
- na corta de árbores queimadas para a posterior extracción
- na trituración dos restos in-situ
Cabe sinalar que despois dun incendio non convén retirar o material queimado ata que se estabilice a vexetación herbácea, xa que esta extracción vai repercutir de maneira negativa sobre o mantemento do ecosistema (problemas de erosión).
Ademais, as técnicas de manexo han de ser pouco agresivas, coa utilización de maquinaria lixeira e mediante labores suaves que perturben o menos posible as capas orgánicas do solo.