Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
xaneiro 14th 2008 by anxos in AsembleasA Presidenta da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro convoca a tódolos/as comuneiros/as pertencentes á mesma, á Asemblea Xeral que terá lugar dacordo coa seguinte convocatoria:
Data: 26 de xaneiro de 2008, ás 17:30 horas
Lugar: casa da cultura
De non haber quórum suficiente, celebrarase en Segunda Convocatoria ás 19:30 horas, no lugar indicado cos comuneiros asistentes.
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación se procede, da acta da sesión anterior (20/10/2007).
- Lectura do novo censo de comuneiros. Aprobación se procede.
- Toma de decisión do sistema de comunicación a utilizar.
- Arrendamento dos terreos da antiga canteira para a súa recuperación para uso forestal.
- Legalización da cesión ao Concello dos terreos de “Outeiro do Marisco”.
- Necesidade dun seguro de responsabilidade civil.
- Ingreso na Mancomunidade MVMC “Serra do Barbanza”.
- Conveniencia da elaboración duns novos Estatutos.
- Presentación do blogue e correo electrónico da nosa Comunidade de Montes.
- Cesión duns terreos para un picadeiro en Carballosa
- Planificación 2008: Presentación dos proxectos de actuación divulgativa. Plan de prevención contra o lume. Posta en coñecemento dos modelos de subvención aos cales a xunta reitora pretende aspirar.
- Preguntas e aclaracións.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
A Presidenta