Resumo Xuntanza do 26-01-08
febreiro 2nd 2008 by anxos in AsembleasReúnese a Asemblea Xeral en sesión extraordinaria da CMVMC de San Pedro de Muro, cunha asistencia do 40% do total de comuneiros que a integran (segunda convocatoria), sendo as 19:30 horas na casa da cultura da parroquia, o día 26 de xaneiro de 2008, coa seguinte orde do día:
2. Lectura do novo censo de comuneiros. Aprobación se procede.
É aprobado por unanimidade.
1. Lectura e aprobación se procede, da acta da sesión anterior (20/10/2007).
É aprobada por unanimidade.
3. Toma de decisión do sistema de comunicación a utilizar.
Informouse que a convocatoria ás Asembleas se fará enviando carta á casa de cada un dos comuneiros e tamén mediante carteis nos establecementos da parroquia. Para todo o demais; no taboleiro de anuncios da casa da cultura, correo electrónico ou este mesmo blogue.
4. Arrendamento dos terreos da antiga canteira para a súa recuperación para uso forestal.
Quedou aprobado por unanimidade alugar á empresa _____ os terreos da antiga canteira, co fin de verter pedras e terra natural para a súa recuperación para uso forestal.
5. Legalización da cesión ao concello dos terreos de “Outeiro do Marisco”.
Ao non existir documentos que acrediten dita cesión, a Asemblea acorda por unanimidade proceder á súa legalización.
6. Necesidade dun seguro de responsabilidade civil.
Quedou aprobado por unanimidade facerse cun seguro de responsabilidade civil.
7. Ingreso na Mancomunidade de MVMC “Serra do Barbanza”.
Acórdase por unanimidade, pasar a formar parte da mancomunidade.
8. Conveniencia da elaboración duns novos estatutos.
Posto que tamén se descoñece o paradeiro dos estatutos orixinais, proponse elaborar uns novos, adaptados á lexislación e ás necesidades e posibilidades desta comunidade. Apróbase por unanimidade.
9. Presentación do blogue e correo electrónico.
Fallou a conexión a internet. Porase no taboleiro de anuncios ámbalas dúas direccións:
blogue: http://sanpedro.blogaliza.org/
correo electrónico: cmsampedro@yahoo.es
11. Planificación do 2008
As actividades previstas para este ano son:
- xornada de repoboación de castiñeiros
- charla de prevención contra incendios forestais (a cargo dos EPRIF)
- réptiles e outras especies potencialmente perigosas: realidade e falsas lendas
- obradoiro “encontros entre novas xeracións e veteranos comuneiros de San Pedro”
- marathón fotográfico
- xornadas micolóxicas-magosto
Ademais, é preciso acollerse ás subvencións (prevención de incendios, maquinaria, infraestructuras, actuacións silvícolas,…) para xestionar de maneira eficaz o noso monte.
10. Cesión duns terreos para un picadeiro en Carballosa.
Quedou aprobado por maioría ceder uns terreos a unha asociación pendente de constituír, para facer un picadeiro. Esta asociación deberá presentar un anteproxecto cunha serie de cláusulas que se lle impuxeron, e posteriormente será estudado na vindeira Asemblea.
Ademais de todos estes puntos…
>>> acordouse incluír a un novo membro na Xunta Reitora quedando reestructurada da seguinte maneira:
Presidenta: Angeles
Vicepresidente: Juantxo
Secretaria: Vanessa
Tesoureiro: Juan José
Vogais: Jorge - Fernando - José do Encargado - José do Carpinteiro
>>> falouse dos gastos ocasionados pola xestión e informouse das tarefas que se están levando a cabo por parte desta Xunta Reitora.
Non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 21:55 horas, levántase a sesión.
A Secretaria

maio 28th, 2008 at 10:17 pm
Noraboa pola vosa bitácora, foi algo que non me deron a facer na miña comunidade os meus ex compañeiros e ata deixaron caducalos correos que habilitei.
Así debe ser sempre, claridade ante os comuneiros e comuneiras e non como pasa agora dende que deixei a secretaría que se me nega información e a entrega de actas.
Téñovos un enlace na miña páxina, grazas ao cal en http://www.certo.es, vos deron a coñecer.
Sorte na vosa aventura e unha aperta.