Acto de presentación da CASA FORESTAL
febreiro 18th 2008 by anxos in EventosEste sábado, 16 de febreiro de 2008, acudimos a Baroña con motivo da inauguración da rehabilitada Casa Forestal que vai ser a sede da Mancomunidade de montes “Serra do Barbanza”.
Ao acto asistiron autoridades da Consellería do Medio Rural: Alfredo Suárez Canal (Conselleiro de Medio Rural), Olga María García Agra (Delegada Provincial de A Coruña), así como representantes do Sindicato Labrego Galego e das comunidades de montes veciñas.
Oito son as comunidades de montes que están integradas nesta Mancomunidade:
- Xuño, Caamaño, Queiruga, Ribasieira, Baroña, Noal, Miñortos (Porto do Son)
- Santa Cruz de Lesón (A Pobra do Caramiñal)
Na Asemblea Xeral da Mancomunidade que está prevista para o 23 de marzo vaise a tratar o ingreso de varias comunidades máis, entre elas a nosa:
- Camboño (Lousame)
- San Martiño de Oleiros (Ribeira)
- Nebra, San Pedro de Muro (Porto do Son)
Ademais, parece que outras tres amosaron interese e están estudando a posibilidade de ingresar.