Phoenix Criminal Lawyer
 

Archive for marzo, 2008

Charla sobre Prevención de Incendios

marzo 31st 2008 by anxos in Eventos 0

A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro ten prevista unha Charla sobre PREVENCIÓN DE INCENDIOS. Será impartida polos membros dunha EPRIF (Equipo de Prevención Integral de Incendios Forestais).
Data: venres, 11 de abril de 2008
Horario: 19:00-21:00 horas
Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro
 
 AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN!!!

Resumo da Asemblea da Mancomunidade

marzo 28th 2008 by anxos in Asembleas 0

Na Asemblea Xeral Ordinaria da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común “Serra do Barbanza”, celebrada o pasado 23 de marzo de 2008 tomáronse, entre outros, os seguintes acordos…
- contratar a un enxeñeiro técnico forestal subvencionado pola Xunta (nun 80% o primeiro ano e nun 40% o segundo ano).
- permitir o ingreso de 5 comunidades [...]

Ampliación da CP-7103

marzo 24th 2008 by anxos in Cousas da parroquia 0

Ampliación da plataforma e mellora do trazado na C.P. 7103 de Laranga a Olveira por Seráns, P.K. 0+000 ao P.K. 6+100 (Porto do Son).

Os propietarios dos terreos afectados pola ampliación da CP-7103, poderán pasar a recoller a súa correspondente notificación de expropiación pola Casa da Cultura de San Pedro de Muro, o luns 24, martes 25 [...]

21 de marzo

marzo 16th 2008 by anxos in Cousas da parroquia 0

 
Día Forestal Mundial ou Día Internacional da Árbore.  
O 21 de marzo é o primeiro día de outono no hemisferio sur e primeiro día de primavera no hemisferio norte. Conmemórase o Día Forestal Mundial, decretado en 1971 polos estados membros da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).
O termo “forestal” está dirixido [...]

Éxito na plantación de castiñeiros

marzo 2nd 2008 by anxos in Eventos 5

Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras…
 
 

Este pasado sábado, primeiro de marzo, superouse con creces a expectativa da Xunta Reitora desta Comunidade de Montes. O obxectivo era plantar no monte uns 100 castiñeiros, pero grazas ao bo traballo e empeño dos participantes, plantáronse uns 130 nada menos. De seguro houbésemos continuado de non ser [...]

Fonte dos Valadoiros

marzo 2nd 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

 
Xa temos arranxada a fonte situada nos Valadoiros que subministra de auga ao depósito para a carga de vehículos motobomba do servizo contraincedios.
Grazas ao persoal do Distrito IV que viñeron o pasado venres, 22 de febreiro de 2008.