Phoenix Criminal Lawyer
 

Éxito na plantación de castiñeiros

marzo 2nd 2008 by anxos in Eventos

Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras…

 Comezamos a plantar.

 Continuamos plantando.

Hai que pisar ben para que non queden bolsas de aire.

Despois de moito traballar toca descansar.

Os Regueiros

Este pasado sábado, primeiro de marzo, superouse con creces a expectativa da Xunta Reitora desta Comunidade de Montes. O obxectivo era plantar no monte uns 100 castiñeiros, pero grazas ao bo traballo e empeño dos participantes, plantáronse uns 130 nada menos. De seguro houbésemos continuado de non ser por se esgotaren as liñas de subsolado.

 

Por qué precisamente se escolleu esta zona “Os Regueiros”, e non outra?

Pois porque o castiñeiro é unha árbore esixente en solos: precisa solos profundos e frescos, non excesivamente húmidos. Protexidos da ameaza do vento e onde non sufran a exposición directa do Sol. Ademais toda esta zona estaba libre de mato polo que nos evitamos ter que desbrozar e eliminar os restos.

5 Responses to “Éxito na plantación de castiñeiros”

  1. randiland Says:

    noraboa ós veciños pola iniciativa…

  2. Kandpalleiro Says:

    Hola, Noraboa polo traballo. Agardo que teña bó froito e que pronto San Pedro recupere o que ningunha man debeu facer arder.
    Sempre no pensamento.

  3. Miguel Says:

    Levo umas semanas trabalhado em Madrid, e iniciatiativas como estas dão muitas ganas de voltar e também esperança de país.
    Parabéns mui sentidos!!

  4. Ana Says:

    Noraboa a toda Parroquia polo traballo e tamen as persoas que estan o frente da organizacion , decirvos que estamos con muitas saudades de estar ahi e poder axudar. Sempre no corazon.

  5. montegalego Says:

    Parabéns , convidovos a linkar ao site montegalego.blogspot.com e ver o post actual do “home que plantaba árbores” .

    Seguro que vos sentides reflexados na historia .

Leave a Reply