Phoenix Criminal Lawyer
 

21 de marzo

marzo 16th 2008 by anxos in Cousas da parroquia

 

Día Forestal Mundial ou Día Internacional da Árbore.  

O 21 de marzo é o primeiro día de outono no hemisferio sur e primeiro día de primavera no hemisferio norte. Conmemórase o Día Forestal Mundial, decretado en 1971 polos estados membros da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).

O termo “forestal” está dirixido ao aproveitamento, manexo e uso dos bosques. Éstes constitúen un dos ecosistemas máis valiosos do planeta, xa que conteñen ao redor do 70% da biodiversidade da Terra, ademais de brindar unha gran cantidade de bens e servizos ambientais.

A pesares da súa importancia, a metade dos bosques, que nalgunha ocasión cubriron a Terra desapareceron, preto do 78% dos bosques primarios foron destruídos e o 22% restante están ameazados pola extracción de madeira, o cambio no uso do solo, a minería, os grandes encoros, as estradas, as pistas forestais, o crecemento demográfico e o cambio climático.

Neste marco, urxe protexer estos importantes ecosistemas mediante o manexo sustentabel dos mesmos que contempla o aproveitamento racional dos recursos naturais: auga, solo, aire, flora e fauna, sen deixar ao lado os beneficios madeirables e alimenticios que estos ofrecen ao ser humano.

 

San Benito de Seráns

Neste día tamén se celebra a romería de San Benito de inverno en Seráns, malia que este ano, por coincidir con Venres Santo, pospóñense as misas para o vindeiro 29 de marzo de 2008.

Leave a Reply