Resumo da Asemblea da Mancomunidade
marzo 28th 2008 by anxos in AsembleasNa Asemblea Xeral Ordinaria da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común “Serra do Barbanza”, celebrada o pasado 23 de marzo de 2008 tomáronse, entre outros, os seguintes acordos…
- contratar a un enxeñeiro técnico forestal subvencionado pola Xunta (nun 80% o primeiro ano e nun 40% o segundo ano).
- permitir o ingreso de 5 comunidades de montes máis ás 8 que conformaban a mancomunidade. Agora estamos mancomunadas: Xuño, Caamaño, Queiruga, Ribasieira, Baroña, Noal, Miñortos, Nebra e San Pedro de Muro (Porto do Son), Santa Cruz de Lesón (A Pobra do Caramiñal), Merelle e Camboño (Lousame) e San Martiño de Oleiros (Ribeira).
Pola nosa parte falamos de contratar un seguro de responsabilidade civil para a mancomunidade co fin de abaratar custes e da intención de San Pedro, de optar ás últimas subvencións publicadas no DOG; de prevención e defensa contra incendios forestais.