Phoenix Criminal Lawyer
 

Charla sobre Prevención de Incendios

marzo 31st 2008 by anxos in Eventos

A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro ten prevista unha Charla sobre PREVENCIÓN DE INCENDIOS. Será impartida polos membros dunha EPRIF (Equipo de Prevención Integral de Incendios Forestais).

Data: venres, 11 de abril de 2008

Horario: 19:00-21:00 horas

Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro

 lume

 AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN!!!

Os EPRIF dependen do Ministerio de Medio Ambiente e traballan en estreita coordinación co Servizo Forestal local.

Teñen como funcións principais:

- estudar o problema dos incendios da súa área de traballo

- establecer prioridades de actuación nesa zona

- determinalos obxectivos e tácticas axeitadas para diminuír o número de incendios nesa área

- executalas tácticas previstas para acadalos obxectivos (información aos habitantes, execución de queimas, colaboración en investigación de causa e denuncia, asesoramento aos habitantes)

- actuación na extinción dos incendios desa zona de actuación

Leave a Reply