Charla dos EPRIF
abril 13th 2008 by anxos in EventosDous dos catro compoñentes do EPRIF (Equipo de Prevención de Incendios Forestais) que está por primeira vez no Distrito Forestal IV “O Barbanza”, acudiron este pasado venres, 11 de abril de 2008, ás 19:00h, á Casa da Cultura de San Pedro de Muro para informar sobre o labor que realizan. Ata este lugar achegáronse comuneiros e outras persoas que amosaron o seu interese polo traballo que están a realizar estes equipos. A charla centrouse en darnos unha visión clara e amena de cáles son as súas funcións e de cómo se organizan, estruturando a sesión tocaron, a grandes rasgos, este listado de puntos:
1. Filosofía de traballo
2. Queima prescrita (definición).
3. Usos do lume prescrito (finalidade, efectos desexados/non desexados, alternativas).
4. Efectos medio-ambientais.
5. Técnicas de ignición (definición).
6. Etapas para queima prescrita.
Ademais, enfatizaron na idea de que a queima debe ser a última solución, tentando solventar antes a través de desbroces e limpezas, xa que evitamos un seguro dano medioambiental. Tamén, para aqueles que o quixeron achegaron un guión informativo sobre o alí tratado e con teléfonos de información, por exemplo, o relacionado coas alarmas forestais: o 085 ou 112. Se queremos chamar á Garda Civil é o 062.
Déronnos indicacións que nunca está de máis saber. Graciñas aos EPRIF por vir desinteresadamente ata a nosa comunidade de montes. Moi ben!