Interesámonos polas UXFOR
abril 22nd 2008 by anxos in Comunidade de montes
As Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) son un novo sistema de reorganización da xestión da propiedade forestal, contemplado na Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia.
Para a creación dunha UXFOR, fomentarase o asociacionismo de propietarios de montes para crear explotacións viables e sustentables con proxección de futuro, tanto en termos económicos como ambientais.
A xestión forestal sostible busca a rendibilidade económica, social e ambiental, impulsando:
- a conservación e mellora dos nosos montes
- a agrupación de propietarios, que facilita a ordenación e abarata custes
- o aproveitamento integral do monte, diversificando e complementando os diferentes recursos (madeira, pasto, resina, leña, cogomelos, etc)
- o desenvolvemento rural e o uso social dos espazos forestais como consecuencia do fomento da multifuncionalidade do monte
- a multifuncionalidade do monte galego a través dunha xestión forestal sostible
- a certificación forestal, que permite que terceiros independientes acrediten a axeitada xestión do monte
.
Máis información sobre as UXFOR
Ver vídeo: http://mediorural.xunta.es/forestal/uxfor/uxfor.php