Phoenix Criminal Lawyer
 

I concurso fotográfico “CALCOMANÍAS DE MURO”

maio 4th 2008 by anxos in Eventos

Unha mirada á paisaxe natural e humana da parroquia de San Pedro de Muro

A CMVMC de San Pedro de Muro organiza o seu primeiro concurso fotográfico

Bases do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro”:

. 

PRIMEIRO

Apartado 1

Observatorio da lagoa de San Pedro antes do incendio do 2006 Ermida de San Benito de Seráns Praia Espiñeirido

Poderán participar neste concurso tódalas persoas que o desexen, con fotografias orixinais e inéditas do entorno de Muro. O tema das mesmas é libre, aínda que se valorarán especialmente aquelas cunha temática centrada na paisaxe natural e humana da zona.

Cada participante poderá concursar cun máximo de 4 fotografías.

Apartado 2

Serrachins Escola de Seráns (ano 1956) a carretera de seráns ¿?

Poderán participar neste concurso tódalas persoas que desexen compartir fotos antigas en posesión, cunha temática localizada na zona de Muro. O tema das mesmas é libre, aínda que se valorarán especialmente aquelas nas que se mostren paisaxes de Muro ambientadas en outras épocas, ou fotos que presenten grupos de persoas veciños e veciñas da parroquia.

.

SEGUNDO

As fotografías poden presentarse en dous formatos:

Formato dixital: Os/as participantes deben enviar as súas fotos (con calidade de impresión) á dirección de correo electrónico: cmsampedro@yahoo.es . O prazo de recepción das obras exténdese ao longo do mes de maio, rematando o día 31.

Fotografías en papel: As fotos impresas en papel serán recollidas o 31 de maio na casa de cultura de Muro. O horario de recollida será de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h.

 .

TERCEIRO

Cada fotografía debe ir perfectamente identificada co título, ademais deberá contar co nome e apelidos do/a autor/a, DNI, domicilio, teléfono e de ser posible, correo electrónico.

.

CUARTO

A data límite de presentación das obras será o 31 de maio de 2008. Quedan excluídos todos aqueles traballos que sexan recibidos despois da data límite.

. 

QUINTO

O xurado estará formado por Miguel Harguindey Vidal, Premio Luís Ksado 2006; Esteban R. Leyton, fotógrafo aficionado que ben de participar en varias exposicións e concursos.

Establécense os seguintes premios:

1º premio: cámara dixital

2º premio: walki-talkies

3º premio: estación meteorolóxica

Os premios fallaranse o día 6 de xuño, quedando as fotos gañadoras en propiedade da CMVMC de San Pedro de Muro.

. 

SEXTO

Coa presentación das obras ao concurso, os/as participantes aceptan implicitamente compartir os dereitos de utilización das fotografías coa entidade organizadora do evento (CMVMC de San Pedro de Muro).

.

SÉTIMO

A participación neste concurso supón a plena aceptación das Bases.

.

Máis información:

teléfono: 661581723

correo electrónico: cmsampedro@yahoo.es

One Response to “I concurso fotográfico “CALCOMANÍAS DE MURO””

  1. José Antonio Fernández Says:

    Unhas preguntas-dúbidas sobre o que non pon nas bases.
    - ¿Algún tamaño específico (mínimo-máximo) das fotos?
    - Si se envían por correo electrónico ¿establécese un peso máximo en Megas?¿imprimiranse éstas pola organización previo á votación ou decidirase en función do soporte dixital? E si se envían por e-mail ¿as fotos irán sen ou con marco?
    - E máis preguntas referentes ao envío por e-mail ¿cómo facer para que en esas fotografías consten os datos requeridos (nome, teléfono, etc)? ¿Valería con achegar un arquivo de texto con estos datos?

    Moitas grazas pola vosa resposta. Saúdos.

    Jose Fdez

    p.d. Non teño website, pero sí galería en flickr: http://www.flickr.com/photos/josebarbanza/

Leave a Reply