Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria
maio 18th 2008 by anxos in AsembleasConvócanse a tódolos/as comuneiros/as da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar dacordo coa seguinte convocatoria:
Data: 31 de maio de 2008, ás 18:00 horas
Lugar: casa da cultura de San Pedro de Muro
De non haber quórum suficiente, celebrarase en Segunda Convocatoria ás 20:00 horas, no lugar indicado cos/as comuneiros/as asistentes.
ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26/01/08)
2. Aprobación de contas do exercicio 2007
3. Información das actividades que está a realizar na actualidade esta comunidade (concurso fotográfico “calcomanías de Muro”, interese polas unidades de xestión forestal, proceso de legalización dos terreos de “Outeiro do Marisco”, labores do distrito no noso monte, …)
4. Preguntas e aclaracións
Lembra que a asistencia ás asembleas por parte dos/as comuneiros/as é de vital importancia para que o futuro do noso monte teña unha axeitada e democrática xestión.
De non poder asistir o/a comuneiro/a á asemblea, poderao facer o/a suplente e, mesmo de non poder asister tampouco éste/a último/a, o/a comuneiro/a poderá delegar a súa representación en calquer outro/a comuneiro/a (veciño/a, amigo/a). Tan só nos terá que facer chegar a Ficha para delegar a representación noutro/a comuneiro/a en Asemblea Xeral debidamente cumplimentada, antes do comezo da mesma.
Un saúdo cordial.