xuño 29th 2008 by anxos in De interese
Orde do 19 de xuño de 2008 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.
O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia establece que, en consideración cos antecedentes históricos sobre o risco de incendios forestais de Galicia e sobre a [...]
xuño 19th 2008 by anxos in Cousas da parroquia
Na Casa da cultura de San Pedro de Muro estase levando a cabo un curso de informática para adultos coa finalidade de que éstes se familiaricen coas novas tecnoloxías. Está sendo impartido por un rapaz de Portosín que aplica tódalas estratexias e ferramentas didácticas, para que estes alumnos/as tan interesados/as e motivados/as aprendan o máximo [...]
xuño 17th 2008 by anxos in Cousas da parroquia
O 10-06-08 ás 18:00 horas na casa da cultura a petición da Asociación veciñal Tahume, e en relación á ampliación da CP-7103, viñeron informar con planos amplos e detallados do trazado, ancho da plataforma, veirarrúas, rede de sumidoiros nos núcleos que atravesa, etc. por parte da Deputación o responsable de vías e obras e tamén o enxeñeiro [...]
xuño 15th 2008 by anxos in Eventos
Este pasado sábado tivo lugar na casa da cultura de San Pedro de Muro unha charla informativa sobre as Unidades de Xestión Forestal impartida por unha técnica da Xunta.
As persoas que teñan terreos colindantes co monte común e desexen pasar a formar parte dunha unidade de xestión forestal poden poñerse en contacto con calquera dos membros da xunta [...]
xuño 15th 2008 by anxos in Comunidade de montes
Velaquí temos aos nosos primoxénitos………. ben fermosos que están!!!
Prenderon case tódolos castiñeiros que plantamos o pasado mes de marzo, mais para o ano tentaremos repoñer os que non o conseguiron.
Parabéns ás persoas que participaron nesta actividade.
A Xunta Reitora
xuño 11th 2008 by anxos in Eventos
Este pasado domingo 8 de xuño tivo lugar na casa da cultura de San Pedro de Muro a inauguración e entrega de premios do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro”.
Fotos premiadas:
Carro de vacas 1º Premio
Jesús Torrado Vidal
.
Sen título 2º Premio
José Francisco Castro Calo
.
La huella humana 3º Premio
André Hemelrijk
.
Tódalas fotografías poderán contemplarse durante esta semana na casa da [...]
xuño 8th 2008 by anxos in Eventos
Estades todos/as convidados/as á charla informativa que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro para tratar o tema das UXFOR.
Data: Sábado, 14 de xuño de 2008, ás 20:00 horas
Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro
Folla divulgadora: Unidades de xestión forestal
xuño 8th 2008 by anxos in Eventos
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca no noso concello unha charla informativa para dar a coñecer o contido da próxima convocatoria 2008-2009 de PROXECTOS DINAMIZADORES das áreas rurais de Galicia.
Día: Luns, 16 de xuño de 2008, ás 20:00 horas
Lugar: casa da cultura de Porto do Son
Máis info: http://agader.xunta.es/
xuño 5th 2008 by anxos in Eventos
Este domingo, 8 de xuño de 2008, ás 13:00 horas terá lugar a inauguración da exposición do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro” na casa da cultura de San Pedro de Muro.
Coincidindo coa inauguración procederase á entrega de premios:
1º premio: cámara dixital
2º premio: walki-talkies
3º premio: estación meteorolóxica
Contaremos coa presenza do xurado: Miguel Harguindey Vidal e Esteban R. [...]
xuño 3rd 2008 by anxos in Asembleas
Reúnese a Asemblea Xeral en sesión ordinaria da CMVMC de San Pedro de Muro, cunha asistencia do 34,5% do total de comuneiros/as que a integran (segunda convocatoria), sendo as 20:00 horas na casa da cultura da parroquia, o día 31 de maio de 2008, coa seguite orde do día:
1. Lectura e aprobación se procede, da [...]