Resumo Asemblea do 31-05-08
xuño 3rd 2008 by anxos in AsembleasReúnese a Asemblea Xeral en sesión ordinaria da CMVMC de San Pedro de Muro, cunha asistencia do 34,5% do total de comuneiros/as que a integran (segunda convocatoria), sendo as 20:00 horas na casa da cultura da parroquia, o día 31 de maio de 2008, coa seguite orde do día:
1. Lectura e aprobación se procede, da acta da sesión anterior (26/01/2008).
É aprobada por unanimidade.
2. Aprobación de contas do exercicio 2007.
Son aprobadas por unanimidade.
3. Información das actividades que está a realizar na actualidade esta comunidade.
- aprazamento da redacción e aprobación dos novos estatutos da CMVMC de San Pedro de Muro
- programa de actividades 2008:
plantación de castiñeiros (realizado)
charla dos EPRIF (realizado)
I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro” (na actualidade)
encontros entre novas xeracións e veteranos comuneiros/as de San Pedro; recollida de toponimia e microtoponimia (proximamente)
réptiles e outras especies potencialmete perigosas, realidade e falsas lendas (proximamente)
xornadas micolóxicas-magosto (proximamente)
- proceso de legalización dos terreos “Outeiro do Marisco”
- interesámonos polas UXFOR
- labores do Distrito no noso monte (entubaxe)
- corta para aproveitamento dos comuneiros/as
- tema arrendamento da antiga canteira para a súa recuperación para uso forestal
- tema seguro de responsabilidade civil
- posibilidade de creación dunha agrupación veciñal de vixiancia contra incendios
4. Preguntas e aclaracións.
Non habendo máis asuntos a tratar, sendo as 22:00 horas, levántase a sesión.
A secretaria