Phoenix Criminal Lawyer
 

Inauguración da exposición fotográfica “Calcomanías de Muro”

xuño 5th 2008 by anxos in Eventos

Este domingo, 8 de xuño de 2008, ás 13:00 horas terá lugar a inauguración da exposición do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro” na casa da cultura de San Pedro de Muro.

Coincidindo coa inauguración procederase á entrega de premios:

1º premio: cámara dixital

2º premio: walki-talkies

3º premio: estación meteorolóxica

Contaremos coa presenza do xurado: Miguel Harguindey Vidal e Esteban R. Leyton. E poderemos degustar un pequeno aperitivo.

A exposición permanecerá na casa da cultura de San Pedro de Muro durante toda a vindeira semana. Poderáse visitar de luns 9 a venres 13, de 16:30 a 20:30 horas. E o sábado 14 e domingo 15 de xuño; mañás de 12:00 a 14:00 horas e tardes de 16:00 a 20:00 horas.

Ademais estase considerando a posibilidade de facer unha exposición itinerante polas outras casas da cultura do noso concello.

Leave a Reply