Phoenix Criminal Lawyer
 

“agrupación veciñal de vixilancia forestal”

xullo 24th 2008 by anxos in Eventos

agrupacion veciñalAsociación Veciñal Tahume conxuntamente coa Comunidade de Montes de San Pedro de Muro promoven a creación dunha:

AGRUPACIÓN VECIÑAL DE VIXILANCIA FORESTAL     

trátase de persoas voluntarias que desenvolven tarefas de vixilancia disuasoria e de apoio en colaboración co servizo de prevención e extinción de incendios.

.

A característica básica destas agrupacións de voluntarios é a de estar directamente interesadas na defensa dos seus montes, polo que a Administración considera que as persoas que as integran, en tanto que propietarias ou veciñas de montes, son colaboradoras voluntarias na loita contra os incendios forestais e, por este motivo, ofrécelles apoio a través de formación, colaboración e ferramentas axeitadas. No marco da loita contra o lume, as agrupacións veciñais poden desenvolver labores de voluntariado en tarefas que non esixan ningún grao de profesionalización en colaboración cos responsables dos distritos forestais correspondentes e dacordo cos protocolos establecidos en materia de prevención e extinción.

Aquelas persoas que estean interesadas en formar parte desta agrupación de voluntarios poderán asistir á charla informativa que terá lugar:

Data: Sábado, 2 de agosto de 2008, ás 21:00 horas

Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro

A Xunta Reitora

CMVMC San Pedro de Muro

Leave a Reply