Constitución da agrupación de vixilancia forestal de San Pedro de Muro
agosto 4th 2008 by anxos in Cousas da parroquia
O pasado sábado celebrouse na casa da cultura de San Pedro de Muro unha charla informativa co fin de crear na nosa parroquia, unha agrupación veciñal de vixilancia forestal (AVVF), promovida pola directiva da comunidade de montes e da asociación veciñal Tahume.
Ademais do relator Vicente (un técnico da Consellería do Medio Rural), acompañaron aos veciños e veciñas de San Pedro, persoal do Distrito IV e do Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
Falouse dos labores das AVVF: vixilancia, disuasión, extinción (ocasionalmente), apoio e colaboración co servizo contra incendios, e da importancia que ten que sexan os propios/as veciños/as dos terreos forestais os que se impliquen activamente na defensa do seu patrimonio.
Durante esta semana vamos a elaborar unha lista con todas aquelas persoas voluntarias, que estén dispostas a empregar o seu tempo de lecer na defensa dos seus montes. Só hai que poñerse en contacto con calquera dos membros da directiva da comunidade de montes. Un saúdo.