Phoenix Criminal Lawyer
 

GDR-25

agosto 23rd 2008 by anxos in De interese

.

GDR-25; Grupo de Desenvolvemento Rural do ámbito territorial de Muros, Outes, Noia, Rois, Lousame, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón. 

Unha asociación colaboradora na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, constituída por institucións públicas e entidades privadas dos ámbitos económico, social, veciñal, e ambiental con implicación na zona e que decidan involucrarse no desenvolvemento do seu territorio.

Bases reguladoras para a selección de programas e grupos de desenvolvemento rural

O venres 22 de agosto de 2008, ás 20:30 horas do serán, tivo lugar en Porto do Son a Asemblea Constituínte do GDR-25. Foron aprobados os Estatutos propostos pola Xunta Xestora e elexíronse os representantes das diferentes meses sectoriais (6).

1. sector forestal, agrogandeiro e medioambiental

2. asociacións de mulleres

3. asociacións de veciños, ANPAS e asociacións de índole social

4. asociacións deportivas, recreativas, xuvenís, culturais e de patrimonio

5. asociacións de empresarios

6. sector institucional

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro figura como membro fundador do GDR-25 xa que, tamén a nós, nos interesa promover o desenvolvemento da nosa zona.

Leave a Reply