Entrega de material á AVVF de San Pedro de Muro
agosto 28th 2008 by anxos in Cousas da parroquiaA Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga Mª García Agra, fixo entrega esta mañá á agrupación veciñal de vixilancia forestal de San Pedro de Muro, do material necesario para levar a cabo os traballos de vixilancia disuasoria e de apoio en colaboración co servizo de extinción e prevención de incendios; chaleques identificativos, batelumes, prismáticos e mangueiras.
A agrupación conta dende a súa recente constitución, con 21 persoas voluntarias preocupadas polo futuro dos nosos montes. O acceso é libre e cada quen vai participar na medida das súas posibilidades.
Obxectivos e funcións:
- reducir o nº de lumes mediante vixilancia disuasoria
- reducir o tempo de reacción pola rápida detección
- acadar e transmitir información precisa
- apoio ao Servizo de Defensa Contra Incendios
apoio na guía de medios
apoio na vixilancia
apoio loxístico, subministración de auga
colaboración nas tarefas de remate e liquidación de lumes
vixilancia de lumes sofocados
- ordenar e optimizar a participación cidadá nas labores de prevención e extinción



