Phoenix Criminal Lawyer
 

Rematou o prazo para acollerse ás axudas convocadas por AGADER

setembro 1st 2008 by anxos in Comunidade de montes

.

Atendendo á quinta liña de axudas convocadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader), a Comunidade de Montes de San Pedro de Muro propúxose dúas ambiciosas accións:

1. Rehabilitar a antiga escola de Cimadevila para se converter na sede da C.M.V.M.C. de San Pedro de Muro, o punto de referencia das actividades relacionadas co monte e da xestión forestal sostible e con futuro.

2. Editar un libro sobre patrimonio natural e cultural de San Pedro de Muro, utilizando a riqueza memorística dos nosos maiores, a través de encontros entre mozos/as e persoas maiores, para recoller datos, lendas, historias,… que faciliten a recollida deste patrimonio material e inmaterial e evitar así que quede no esquecemento.

Resolución do 18 de xuño de 2008 pola que se anuncia a convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia correspondentes ao período 2008-2009.

Leave a Reply