Phoenix Criminal Lawyer
 

Archive for outubro, 2008

Resumo Asemblea do 18-10-08

outubro 28th 2008 by anxos in Asembleas 0

Reúnense en Asemblea Xeral en sesión extraordinaria da CMVMC de San Pedro de Muro, cunha asistencia do 30,2 % do total de comuneiros/as que a integran (en segunda convocatoria), sendo as 19:55 horas na casa da cultura da parroquia, o día 18 de outubro de 2008, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, [...]

Xornada sobre montes veciñais en man común

outubro 28th 2008 by anxos in Eventos 0

Data: venres, 31 de outubro de 2008
Lugar: na Casa Forestal de Baroña
Organizan: Sindicato Galego Labrego - Frouma
Colaboran: Mancomunidade de MVMC “Serra do Barbanza” - CMVMC de Baroña
Programa:
16:00 h - INAUGURACIÓN
16:30 h - 1º relatorio: Fiscalidade das comunidades de montes.
17:30 h - 2º relatorio: As unidades de xestión forestal e as agrupacións de propietarios/as como alternativas [...]

II magosto da comunidade de montes

outubro 25th 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

     
Este ano tivemos un magosto prematuro pero con castañas a esgalla…
  
puidemos degustar os cogomelos que apañaron os aventureiros pola mañá.

Nesta I xornada “Froitos de outono” houbo viño, cogomelos, castañas e moitos outros produtos do agro ecolóxico.

Xornada micolóxica

outubro 21st 2008 by anxos in Eventos 1

.
  
O día 18 de outubro tivemos unha xornada completiña:
Ás dez da mañá, comezamos a I xornada “Froitos do Outono”, cunha breve charla sobre o mundo da micoloxía impartida por Miguel, un especialista na temática. Explicounos cómo recoñecer os cogomelos, características, lugares de recollida e outra información relevante.
Logo, saída ao monte na procura de cogomelos. Atopamos sobre todo [...]

I xornada “Froitos do Outono” (18-10-08)

outubro 2nd 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

.
A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro quere convidar a tódolos veciños e veciñas da parroquia e visitantes á I XORNADA que leva por título “FROITOS DO OUTONO” que terá lugar o sábado, 18 de outubro de 2008 co seguinte programa:.

XORNADA MICOLÓXICA
10:00 horas - breve charla introductoria ao mundo da micoloxía na casa da [...]

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria (outubro´08)

outubro 2nd 2008 by anxos in Asembleas 0

.
A Presidenta da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro convoca a tódolos/as comuneiros/as pertencentes á mesma, á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar dacordo coa seguinte convocatoria:
Día: 18 de outubro de 2008, ás 17:00 horas
Lugar: casa da cultura de San Pedro de Muro
De non haber quórum suficiente, celebrarase en [...]

Desbroces

outubro 1st 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

  
Nestes últimos días véñense realizando desbroces en diferentes puntos do monte veciñal en man común da nosa parroquia. Con estas tarefas de limpeza conseguimos abaratar custes grazas a un acordo adoptado entre a administración e a mancomunidade “Serra da Barbanza”.
De seguro quedan moitas zonas aínda por xestionar pero imos polo bo camiño.