Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria (outubro´08)
outubro 2nd 2008 by anxos in Asembleas.
A Presidenta da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro convoca a tódolos/as comuneiros/as pertencentes á mesma, á Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar dacordo coa seguinte convocatoria:
Día: 18 de outubro de 2008, ás 17:00 horas
Lugar: casa da cultura de San Pedro de Muro
De non haber quórum suficiente, celebrarase en Segunda Convocatoria ás 19:00 horas, no lugar indicado cos /as comuneiros/as asistentes.
ORDE DO DÍA
-
Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (31/05/2008)
-
Aprobación da creación da Unidade de Xestión Forestal TAHUME 1
-
Toma de decisión do futuro do campo de fútbol
-
Informe das distintas actividades que se están levando a cabo
-
Preguntas e aclaracións
A asistencia ás Asembleas é obrigatoria para tódalas persoas comuneiras de pleno dereito, porque é aí onde se toman as decisións importantes para o futuro do monte e, todos/as debemos ser partícipes xa que a todos/as nos concirne.
Ademais, de non poder asistir o/a comuneiro/a á asemblea, poderao facer o/a suplente e, mesmo de non poder asistir tampouco éste/a último/a, o/a comuneiro/a poderá delegar a súa representación en calquer outro/a comuneiro/a (veciño/a, amigo/a). Tan só terá que facer chegar a Ficha para delegar a representación noutro/a comuneiro/a en Asemblea Xeral debidamente cumplimentada, antes do comezo da mesma.
Que San Pedro de Muro teña un monte ben xestionado é cuestión de tempo, compromiso e moito esforzo pero entre todos/as é máis doado.