Phoenix Criminal Lawyer
 

I xornada “Froitos do Outono” (18-10-08)

outubro 2nd 2008 by anxos in Comunidade de montes
.
A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro quere convidar a tódolos veciños e veciñas da parroquia e visitantes á I XORNADA que leva por título “FROITOS DO OUTONO” que terá lugar o sábado, 18 de outubro de 2008 co seguinte programa:.

XORNADA MICOLÓXICA

10:00 horas - breve charla introductoria ao mundo da micoloxía na casa da cultura de San Pedro de Muro

11:00 a 14:00 horas - saída ao campo para a colleita de cogomelos

Compre levar unha cesta e navalla. Ademais, recoméndase calzado cómodo e chuvasqueiro..

II MAGOSTO

a partir das 21:00 horas (despois da asemblea da comunidade de montes) - castañada, degustación de cogomelos, actuación musical e outras sorpresas…

Leave a Reply