Xornada micolóxica
outubro 21st 2008 by anxos in EventosO día 18 de outubro tivemos unha xornada completiña:
Ás dez da mañá, comezamos a I xornada “Froitos do Outono”, cunha breve charla sobre o mundo da micoloxía impartida por Miguel, un especialista na temática. Explicounos cómo recoñecer os cogomelos, características, lugares de recollida e outra información relevante.
Logo, saída ao monte na procura de cogomelos. Atopamos sobre todo cantarela (Cantharellus cibarius), que é un bo comestible de cheiro afroitado e sabor doce. A degustación tivo lugar á noitiña, canda o magosto.
Foi unha xornada enriquecedora, acompañada polo bo tempo e, á que pretendemos dar continuidade futura se así o desexan os/as comuneiros/as da parroquia de San Pedro de Muro.



outubro 23rd, 2008 at 11:47 pm
Gran xornada sen dubida!!! o tempo acompañounos, e o sabado foi proveitoso a todolos niveles que nos propuxemos…non fomos todos, pero poucos como os que fomos poideran desfrutalo tanto!