Phoenix Criminal Lawyer
 

Archive for the ‘Comunidade de montes’ Category

Cesión terreos “Outeiro do marisco”

setembro 28th 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

Co fin de legalizar a situación dos terreos situados no lugar de “Outeiro do marisco”, aprobouse no Pleno Municipal o pasado venres, 26 de setembro de 2008, a cesión ao concello de Porto do Son dos terreos pertencentes á Comunidade de Montes para asentar un espazo sociocultural e deportivo.
En contraprestación, o concello vai proporcionar á devandita comunidade, [...]

Axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte

setembro 20th 2008 by anxos in Comunidade de montes 1

Orde do 12 de agosto de 2008 pola que se establecen as axudas para programas de valorización integral e promoción da multifuncionalidade do monte.
.
A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro pretende acollerse a estas axudas co fin de levar a cabo unha xestión responsable do monte. Vamos solicitar un plan técnico de montes arborizados e [...]

Rematou o prazo para acollerse ás axudas convocadas por AGADER

setembro 1st 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

.
Atendendo á quinta liña de axudas convocadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader), a Comunidade de Montes de San Pedro de Muro propúxose dúas ambiciosas accións:
1. Rehabilitar a antiga escola de Cimadevila para se converter na sede da C.M.V.M.C. de San Pedro de Muro, o punto de referencia das actividades relacionadas co monte e [...]

A nosa criança

xuño 15th 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

Velaquí temos aos nosos primoxénitos………. ben fermosos que están!!!

Prenderon case tódolos castiñeiros que plantamos o pasado mes de marzo, mais para o ano tentaremos repoñer os que non o conseguiron.
Parabéns ás persoas que participaron nesta actividade.
A Xunta Reitora

Resumo Asemblea do 31-05-08

xuño 3rd 2008 by anxos in Asembleas 0

Reúnese a Asemblea Xeral en sesión ordinaria da CMVMC de San Pedro de Muro, cunha asistencia do 34,5% do total de comuneiros/as que a integran (segunda convocatoria), sendo as 20:00 horas na casa da cultura da parroquia, o día 31 de maio de 2008, coa seguite orde do día:
1. Lectura e aprobación se procede, da [...]

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

maio 18th 2008 by anxos in Asembleas 0

Convócanse a tódolos/as comuneiros/as da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro á Asemblea Xeral Ordinaria que terá lugar dacordo coa seguinte convocatoria:
Data: 31 de maio de 2008, ás 18:00 horas
Lugar: casa da cultura de San Pedro de Muro
De non haber quórum suficiente, celebrarase en Segunda Convocatoria ás 20:00 horas, [...]

Interesámonos polas UXFOR

abril 22nd 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

As Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) son un novo sistema de reorganización da xestión da propiedade forestal, contemplado na Lei 3/2007 de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais de Galicia.
Para a creación dunha UXFOR, fomentarase o asociacionismo de propietarios de montes para crear explotacións viables e sustentables con proxección de futuro, tanto en termos económicos [...]

Resumo da Asemblea da Mancomunidade

marzo 28th 2008 by anxos in Asembleas 0

Na Asemblea Xeral Ordinaria da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común “Serra do Barbanza”, celebrada o pasado 23 de marzo de 2008 tomáronse, entre outros, os seguintes acordos…
- contratar a un enxeñeiro técnico forestal subvencionado pola Xunta (nun 80% o primeiro ano e nun 40% o segundo ano).
- permitir o ingreso de 5 comunidades [...]

Fonte dos Valadoiros

marzo 2nd 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

 
Xa temos arranxada a fonte situada nos Valadoiros que subministra de auga ao depósito para a carga de vehículos motobomba do servizo contraincedios.
Grazas ao persoal do Distrito IV que viñeron o pasado venres, 22 de febreiro de 2008.

Retirada duns pinos no colexio de O Lapido

febreiro 2nd 2008 by anxos in Comunidade de montes 0

    
Retiráronse o pasado mes de xaneiro, a petición da mestra e a ANPA do colexio de O Lapido, uns pinos que por mor dos fortes ventos, corrían o risco de desprender as súas pólas ao interior do recinto e causar danos aos escolares.