novembro 20th 2008 by anxos in Eventos
Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela) e no recinto da Feira Internacional Semana Verde de Galicia (Silleda)
Datas: Do 19 ao 22 de novembro de 2008.
Documentos:
Triptico informativo do Congreso
Programa do Congreso
Para visionar as ponencias en directo vía web: http://congresovalorizaciondomonte.com/gl/video.asp
novembro 17th 2008 by anxos in Eventos
Coincidindo coa Semana Verde de Galicia, celebrarase na mañá do vindeiro sábado 22 de novembro, no Recinto Feiral de Silleda, a Primeira Convención das Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) e Agrupacións Veciñais de Vixilancia Forestal (AVVF) en Galicia.
A Consellería do Medio Rural agradecendo o esforzo e colaboración no impulso destas iniciativas, polas que tamén aposta a Comunidade de Montes de San Pedro [...]
outubro 28th 2008 by anxos in Eventos
Data: venres, 31 de outubro de 2008
Lugar: na Casa Forestal de Baroña
Organizan: Sindicato Galego Labrego - Frouma
Colaboran: Mancomunidade de MVMC “Serra do Barbanza” - CMVMC de Baroña
Programa:
16:00 h - INAUGURACIÓN
16:30 h - 1º relatorio: Fiscalidade das comunidades de montes.
17:30 h - 2º relatorio: As unidades de xestión forestal e as agrupacións de propietarios/as como alternativas [...]
outubro 21st 2008 by anxos in Eventos
.
O día 18 de outubro tivemos unha xornada completiña:
Ás dez da mañá, comezamos a I xornada “Froitos do Outono”, cunha breve charla sobre o mundo da micoloxía impartida por Miguel, un especialista na temática. Explicounos cómo recoñecer os cogomelos, características, lugares de recollida e outra información relevante.
Logo, saída ao monte na procura de cogomelos. Atopamos sobre todo [...]
xullo 24th 2008 by anxos in Eventos
A Asociación Veciñal Tahume conxuntamente coa Comunidade de Montes de San Pedro de Muro promoven a creación dunha:
AGRUPACIÓN VECIÑAL DE VIXILANCIA FORESTAL
trátase de persoas voluntarias que desenvolven tarefas de vixilancia disuasoria e de apoio en colaboración co servizo de prevención e extinción de incendios.
.
A característica básica destas agrupacións de voluntarios é a de estar directamente [...]
xullo 13th 2008 by anxos in Eventos
Membros da Xunta Reitora desta Comunidade de Montes asistimos o pasado venres (11 de xullo) ao seminario técnico que tivo lugar no Local Social de Dices, concello de Rois, de man da Asociación Forestal de Galicia (AFG) e que versou sobre Fiscalidade e xestión de montes veciñais en man común: O coñecemento dos mecanismos dunha boa [...]
xuño 15th 2008 by anxos in Eventos
Este pasado sábado tivo lugar na casa da cultura de San Pedro de Muro unha charla informativa sobre as Unidades de Xestión Forestal impartida por unha técnica da Xunta.
As persoas que teñan terreos colindantes co monte común e desexen pasar a formar parte dunha unidade de xestión forestal poden poñerse en contacto con calquera dos membros da xunta [...]
xuño 11th 2008 by anxos in Eventos
Este pasado domingo 8 de xuño tivo lugar na casa da cultura de San Pedro de Muro a inauguración e entrega de premios do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro”.
Fotos premiadas:
Carro de vacas 1º Premio
Jesús Torrado Vidal
.
Sen título 2º Premio
José Francisco Castro Calo
.
La huella humana 3º Premio
André Hemelrijk
.
Tódalas fotografías poderán contemplarse durante esta semana na casa da [...]
xuño 8th 2008 by anxos in Eventos
Estades todos/as convidados/as á charla informativa que organiza a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro para tratar o tema das UXFOR.
Data: Sábado, 14 de xuño de 2008, ás 20:00 horas
Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro
Folla divulgadora: Unidades de xestión forestal
xuño 8th 2008 by anxos in Eventos
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca no noso concello unha charla informativa para dar a coñecer o contido da próxima convocatoria 2008-2009 de PROXECTOS DINAMIZADORES das áreas rurais de Galicia.
Día: Luns, 16 de xuño de 2008, ás 20:00 horas
Lugar: casa da cultura de Porto do Son
Máis info: http://agader.xunta.es/