xuño 8th 2008 by anxos in Eventos
A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca no noso concello unha charla informativa para dar a coñecer o contido da próxima convocatoria 2008-2009 de PROXECTOS DINAMIZADORES das áreas rurais de Galicia.
Día: Luns, 16 de xuño de 2008, ás 20:00 horas
Lugar: casa da cultura de Porto do Son
Máis info: http://agader.xunta.es/
xuño 5th 2008 by anxos in Eventos
Este domingo, 8 de xuño de 2008, ás 13:00 horas terá lugar a inauguración da exposición do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro” na casa da cultura de San Pedro de Muro.
Coincidindo coa inauguración procederase á entrega de premios:
1º premio: cámara dixital
2º premio: walki-talkies
3º premio: estación meteorolóxica
Contaremos coa presenza do xurado: Miguel Harguindey Vidal e Esteban R. [...]
maio 4th 2008 by anxos in Eventos
Unha mirada á paisaxe natural e humana da parroquia de San Pedro de Muro
A CMVMC de San Pedro de Muro organiza o seu primeiro concurso fotográfico
Bases do I concurso fotográfico “Calcomanías de Muro”:
.
PRIMEIRO
Apartado 1
Poderán participar neste concurso tódalas persoas que o desexen, con fotografias orixinais e inéditas do entorno de Muro. O tema das mesmas [...]
abril 13th 2008 by anxos in Eventos
Dous dos catro compoñentes do EPRIF (Equipo de Prevención de Incendios Forestais) que está por primeira vez no Distrito Forestal IV “O Barbanza”, acudiron este pasado venres, 11 de abril de 2008, ás 19:00h, á Casa da Cultura de San Pedro de Muro para informar sobre o labor que realizan. Ata este lugar achegáronse comuneiros e outras [...]
marzo 31st 2008 by anxos in Eventos
A Comunidade de Montes de San Pedro de Muro ten prevista unha Charla sobre PREVENCIÓN DE INCENDIOS. Será impartida polos membros dunha EPRIF (Equipo de Prevención Integral de Incendios Forestais).
Data: venres, 11 de abril de 2008
Horario: 19:00-21:00 horas
Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro
AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN!!!
marzo 2nd 2008 by anxos in Eventos
Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras…
Este pasado sábado, primeiro de marzo, superouse con creces a expectativa da Xunta Reitora desta Comunidade de Montes. O obxectivo era plantar no monte uns 100 castiñeiros, pero grazas ao bo traballo e empeño dos participantes, plantáronse uns 130 nada menos. De seguro houbésemos continuado de non ser [...]
febreiro 21st 2008 by anxos in Eventos
O vindeiro sábado, 1 de marzo de 2008 temos
plantación de castiñeiros
en BOUZA CABREIRA - OS REGUEIROS (Basoñas)
a partir das 10:30 horas
Se queres participar debes traer ferramenta; legoña, cavador, pa, laia,… (o que tí vexas).
Por cada castiñeiro que plantes no monte poderás levar outro para a túa casa.
Contamos coa túa participación!!!
Agradecer a colaboración do Distrito IV e a [...]
febreiro 18th 2008 by anxos in Eventos
Este sábado, 16 de febreiro de 2008, acudimos a Baroña con motivo da inauguración da rehabilitada Casa Forestal que vai ser a sede da Mancomunidade de montes “Serra do Barbanza”.
Ao acto asistiron autoridades da Consellería do Medio Rural: Alfredo Suárez Canal (Conselleiro de Medio Rural), Olga María García Agra (Delegada Provincial de A Coruña), así como [...]
febreiro 18th 2008 by anxos in Eventos
O pasado 28 de xaneiro de 2008, membros da Xunta Reitora desta comunidade de montes asistimos á xuntanza informativa sobre o novo Programa Leader de Desenvolvemento Rural de Galiza 2007-2013.
Este PDR pretende que tódolos axentes do territorio, tanto públicos como privados, nos impliquemos nas dinámicas de desenvolvemento da nosa zona e sexamos protagonistas delas.
Programa LEADER de [...]
decembro 14th 2007 by anxos in Eventos
Foresgal ´08: o noso monte fonte de riqueza
Datas de celebración: do 28 ao 30 de marzo de 2008
Emprazamento: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Horario: de 11.00 a 21.00 horas
Entrada: 3.00 EUR
Foresgal adquire nesta 2ª edición un carácter netamente profesional na que terán cabida as novidades e avances relacionados con sectores como a repoboación forestal, a [...]