Phoenix Criminal Lawyer
 

Incendios

Se ves lume, chama ao…

085 (incendios)

112 (emerxencias)

900 400 800 (teléfono en defensa do monte galego)

Para dar alarma de actividade incendiaria chama ao…

062 (Garda Civil)

 

Qué debemos decir?

- nome do monte, lugar e concello

- cor do fume, forza estimada e dirección do vento que podemos deducir da inclinación da columna de fume

- observar se arde mato ou monte arborado

- estimar a previsible dirección da cabeza do lume e informar de se nesa dirección hai vivendas ou estradas

. 

.

Índice  de risco diario de incendio forestal

O índice de risco diario de incendio forestal establece, para cada unha das épocas de perigo, o risco diario de ocorrencia de incendio forestal, cuxos niveis son baixo (1), moderado (2), alto (3), moi alto (4) e extremo (5).

Para o establecemento do índice de risco diario de incendio tense en conta a conxunción dos seguintes factores: a situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do solo.

Para consultar o IRDI preme no seguinte enlace: http://mediorural.xunta.es/forestal/irdi/ 

. 

. 

Follas divulgadoras

As follas divulgadoras editadas pola Consellaría do Medio Rural teñen a misión de contribuír á difusión das campañas e medidas adoptadas dende a Administración canto á reordenación, defensa contra incendios e posta en valor do monte galego.

Unidades de xestión forestal: Procedementos para crear unha unidade de xestión forestal, características e vantaxes destas entidades.

Redes de faixas de xestión de biomasa e incendios forestais: Faixas de xestión de biomasa, redes primarias e secundarias, zonas de alto risco e responsábeis da limpeza.

Silvicultura preventiva, ordenación de plantacións e incendios forestais: Silvicultura preventiva contra incendios forestais, descontinuidade horizontal e vertical e ordenación das plantacións.

Infraestruturas e incendios forestais: Áreas de limpeza obrigatoria en estradas, autoestradas e rede ferroviaria segundo o tipo de vía.

Vías, camiños e incendios forestais: Obrigas de limpeza nas vías e nos camiños, xustificación da necesidade e beneficios.

Permisos de queimas, usos do lume e incendios forestais: Solicitudes e permisos, tipos de queimas e teléfonos de información.

Limitacións ás actividades no monte en prevención dos incendios forestais: Índice de risco diario de incendio forestal, consellos e limitacións das actividades profesionais.

 

.  

Teléfonos de información

Delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural

A Coruña 981 18 45 33

Lugo 982 29 45 27

Ourense 988 38 64 55

Pontevedra 986 80 54 58