En relación á ampliación da CP- 7103 (BOP nº211)
setembro 16th 2008 by anxos in Cousas da parroquia 0.
O pasado venres, 12 de setembro de 2008, saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia o:
Anuncio de notificacións que non se puideron realizar do expediente expropiatorio “ampliación da plataforma e mellora do trazado na CP-7103 de Laranga a Olveira por Seráns, p.k. 0,000 ao p.k. 6,100 (Porto do Son)”
Podes consultalo no BOP nº 211.
Rematou o prazo para acollerse ás axudas convocadas por AGADER
setembro 1st 2008 by anxos in Comunidade de montes 0.
Atendendo á quinta liña de axudas convocadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (agader), a Comunidade de Montes de San Pedro de Muro propúxose dúas ambiciosas accións:
1. Rehabilitar a antiga escola de Cimadevila para se converter na sede da C.M.V.M.C. de San Pedro de Muro, o punto de referencia das actividades relacionadas co monte e da xestión forestal sostible e con futuro.
2. Editar un libro sobre patrimonio natural e cultural de San Pedro de Muro, utilizando a riqueza memorística dos nosos maiores, a través de encontros entre mozos/as e persoas maiores, para recoller datos, lendas, historias,… que faciliten a recollida deste patrimonio material e inmaterial e evitar así que quede no esquecemento.
Entrega de material á AVVF de San Pedro de Muro
agosto 28th 2008 by anxos in Cousas da parroquia 0A Delegada Provincial da Consellería do Medio Rural, Olga Mª García Agra, fixo entrega esta mañá á agrupación veciñal de vixilancia forestal de San Pedro de Muro, do material necesario para levar a cabo os traballos de vixilancia disuasoria e de apoio en colaboración co servizo de extinción e prevención de incendios; chaleques identificativos, batelumes, prismáticos e mangueiras.
A agrupación conta dende a súa recente constitución, con 21 persoas voluntarias preocupadas polo futuro dos nosos montes. O acceso é libre e cada quen vai participar na medida das súas posibilidades.
Obxectivos e funcións:
- reducir o nº de lumes mediante vixilancia disuasoria
- reducir o tempo de reacción pola rápida detección
- acadar e transmitir información precisa
- apoio ao Servizo de Defensa Contra Incendios
apoio na guía de medios
apoio na vixilancia
apoio loxístico, subministración de auga
colaboración nas tarefas de remate e liquidación de lumes
vixilancia de lumes sofocados
- ordenar e optimizar a participación cidadá nas labores de prevención e extinción
GDR-25
agosto 23rd 2008 by anxos in De interese 0.
GDR-25; Grupo de Desenvolvemento Rural do ámbito territorial de Muros, Outes, Noia, Rois, Lousame, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro, Padrón.
Unha asociación colaboradora na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, constituída por institucións públicas e entidades privadas dos ámbitos económico, social, veciñal, e ambiental con implicación na zona e que decidan involucrarse no desenvolvemento do seu territorio.
Bases reguladoras para a selección de programas e grupos de desenvolvemento rural
O venres 22 de agosto de 2008, ás 20:30 horas do serán, tivo lugar en Porto do Son a Asemblea Constituínte do GDR-25. Foron aprobados os Estatutos propostos pola Xunta Xestora e elexíronse os representantes das diferentes meses sectoriais (6).
1. sector forestal, agrogandeiro e medioambiental
2. asociacións de mulleres
3. asociacións de veciños, ANPAS e asociacións de índole social
4. asociacións deportivas, recreativas, xuvenís, culturais e de patrimonio
5. asociacións de empresarios
6. sector institucional
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro figura como membro fundador do GDR-25 xa que, tamén a nós, nos interesa promover o desenvolvemento da nosa zona.
Constitución da agrupación de vixilancia forestal de San Pedro de Muro
agosto 4th 2008 by anxos in Cousas da parroquia 0
O pasado sábado celebrouse na casa da cultura de San Pedro de Muro unha charla informativa co fin de crear na nosa parroquia, unha agrupación veciñal de vixilancia forestal (AVVF), promovida pola directiva da comunidade de montes e da asociación veciñal Tahume.
Ademais do relator Vicente (un técnico da Consellería do Medio Rural), acompañaron aos veciños e veciñas de San Pedro, persoal do Distrito IV e do Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
Falouse dos labores das AVVF: vixilancia, disuasión, extinción (ocasionalmente), apoio e colaboración co servizo contra incendios, e da importancia que ten que sexan os propios/as veciños/as dos terreos forestais os que se impliquen activamente na defensa do seu patrimonio.
Durante esta semana vamos a elaborar unha lista con todas aquelas persoas voluntarias, que estén dispostas a empregar o seu tempo de lecer na defensa dos seus montes. Só hai que poñerse en contacto con calquera dos membros da directiva da comunidade de montes. Un saúdo.
VII xornadas de historia e cultura
xullo 31st 2008 by anxos in De interese 0.
“XEOGRAFÍA DE PORTO DO SON E O BARBANZA, UNHA BISBARRA CON CARÁCTER DE SEU”
En homenaxe a Francisco Javier Río Barja
Do 5 ao 8 de agosto de 2008
Casa da cultura - Porto do Son
.
Tríptico VII xornadas de historia e cultura
.
PROGRAMA:
Martes, 5 de agosto de 2008
10:00-14:00 h Actividade complementaria: Visita ao Parque Natural Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán
18:00-18:30 h Inauguración da exposición de: “mapas e fotos do concello de Porto do Son”
18:30-19:00 h Acto de inauguración. Intervirán: Manuel Tomé Piñeiro (Alcalde de Porto do Son), Xoán Guitián Rivera - Xoán Monterroso Montero - Manuel Mariño del Río (Comisión executiva)
Conferencias:
19:00-20:30 h “A paisaxe da ría de Muros e Noia”. Francisco J. Río Barja (Catedrático de Xeografía)
20:00-22:00 h “A sociedade e a economía a comezos do XVIII”. María Luísa Pérez Fariña (Profesora de Xeografía e Análise - Xeografía Rexional da USC)
.
Mércores, 6 de agosto de 2008
10:00-14:00 h Actividade complementaria: Visita guiada ao antigo almacén de salgadura da familia Ferrer de Porto do Son
Conferencias:
19:00-20:30 h “Un traballo das mulleres rurais: a confección”. Montserrat Villarino Pérez (Profesora da Xeografía Humana da USC)
20:30-22:00 h “Cataláns no Barbanza”. Daniel Bravo Cores (Catedrático de Historia de Ensino Secundario)
.
Xoves, 7 de agosto de 2008
10:00-14:00 h Actividade complementaria: Rota en Catamarán “Porto do Son desde o mar”
Conferencias:
19:00-20:30 h “Xeografía urbana”. Pedro García Vida (Profesor de Xeografía da ESO)
20:30-22:00 h “A Paisaxe”. Francisco Durán Villa (Profesor de Xeografía da USC)
.
Venres, 8 de agosto de 2008
10:00-14:00 h Actividade complementaria: Visita ás lagoas de Xuño e San Pedro de Muro
18:00-19:00 h Presentación do libro “Ordenanzas municipais de Porto do Son en 1905″ Colección cartafol da memoria, nº 6
Conferencias:
19:00-20:30 h “A Rede Natura 2000 na área do Barbanza”. Pablo Ramil Rego (Director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural -IBADER-)
20:30-22:00 h “Mesa redonda: O concello de Porto do Son a partir das novas tecnologías”. Intervirán: Francisco J. Río Barja, Pedro García Vidal, Pablo Ramil Rego.
22:00-22:15 h “Acto de clausura das xornadas”. Intervirán: Carlos M. Santamaría Fariña (Concelleiro de Cultura, Turismo e Deportes), José Carlos Fernández-Barja Martínez (Xerente da Fundación Comarcal de Noia), Jorge Guitián Castromil e Manuel Mariño del Río (Comisión executiva)
22:15-23:00 h Actuación musical: Mijail Moriatov
Curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios
xullo 29th 2008 by anxos in De interese 0O prazo de presentación de solicitudes comeza este luns 28 de xullo e remata o vindeiro 30 de setembro de 2008.
“agrupación veciñal de vixilancia forestal”
xullo 24th 2008 by anxos in Eventos 0
A Asociación Veciñal Tahume conxuntamente coa Comunidade de Montes de San Pedro de Muro promoven a creación dunha:
AGRUPACIÓN VECIÑAL DE VIXILANCIA FORESTAL
trátase de persoas voluntarias que desenvolven tarefas de vixilancia disuasoria e de apoio en colaboración co servizo de prevención e extinción de incendios.
.
A característica básica destas agrupacións de voluntarios é a de estar directamente interesadas na defensa dos seus montes, polo que a Administración considera que as persoas que as integran, en tanto que propietarias ou veciñas de montes, son colaboradoras voluntarias na loita contra os incendios forestais e, por este motivo, ofrécelles apoio a través de formación, colaboración e ferramentas axeitadas. No marco da loita contra o lume, as agrupacións veciñais poden desenvolver labores de voluntariado en tarefas que non esixan ningún grao de profesionalización en colaboración cos responsables dos distritos forestais correspondentes e dacordo cos protocolos establecidos en materia de prevención e extinción.
Aquelas persoas que estean interesadas en formar parte desta agrupación de voluntarios poderán asistir á charla informativa que terá lugar:
Data: Sábado, 2 de agosto de 2008, ás 21:00 horas
Lugar: Casa da cultura de San Pedro de Muro
A Xunta Reitora
CMVMC San Pedro de Muro
Lei de protección da paisaxe de Galicia
xullo 20th 2008 by anxos in De interese 1A Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia entrará en vigor no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
… Porque a paisaxe é un elemento fundamental da calidade de vida das persoas e por iso tamén debe ser o reflexo fiel dun territorio e dun medio ambiente de calidade, dunha sociedade moderna e consciente da importancia do seu patrimonio natural e cultural, dunha sociedade en relación harmónica co medio onde primen o uso racional do territorio, o aproveitamento sostible dos seus recursos, un desenvolvemento urbanístico respectuoso e o recoñecemento das funcións principais que xogan os ecosistemas naturais…






